We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

S​é​timo Fillo

from Ondas by Lughum

/

lyrics

10. Sétimo fillo (Cantiga de lobishome)
------------------------------------------------------------------------

Naceu sétimo fillo, e todos falaban do que temían
Medrou coma un rapaz atraído pola auga
Súa nai víao ollar o mar enfeitizado,
outras a carón do río ollando a corrente
e dicían que seria un lobishome
Mais como podía ser?,
Anima profunda que gústalle mollarse a choiva
de estrano sentimento
Ate o meigo - druída levárono onde o bosque remata en costa
Anos de aprendizaxe dos misterios da vida e a realidade,
coñecemento máxico de herbas, árbores, animais e elementos
mais a fascinación pola auga nunca rematou, e aumentou co tempo
O grande meigo faláballe do seu lobo interior
Tes faciana de home, mais dentro mestúraste cun lobo
Lobo das augas, espírito do Urco que coma as mareas, coa lúa medra en poder
e as veces non lembras, mais a violencia do lobo vence e coma o Urco procuras morte

Maior fíxose, un meigo enfeitizado, un druída que tiña coñecemento e forzas sobre as augas doces e salgadas
mais fero coma o mar na súa anima

Non podía en compaña estar, xenreira sentía da xente,
o entendemento do seu ser dáballe control mais sufrimento
Así, o sétimo fillo recluíse en soidade na illa mais grande das que gardan as costasm
alí protexe os seus irmáns da ferocidade do mar e non so do mar.

credits

from Ondas, released February 15, 2015

license

tags

contact / help

Contact Lughum

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Lughum, you may also like: