We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Ondas

by Lughum

/
1.
Nas Ondas 06:07
1. Nas ondas (Alar de mareira) ------------------------------------------------------------------------ Fai canto rematou o sono, agora entre as ondas avanta contracorrente O desgaste e a fatiga sempre no lombo E aínda así resiste nos bravos mares de escuma e monstros Mergullar nas augas da realidade Escoitar as rochas cantar cos ventos Coma as sereas a chamar polo seu xantar de morte Nas costas vate de cote o seu corpo deitado de derrota na area das praias i ese vaivén Entre as as ondas canta un alar: "Hoxe érgome por min polos anacos que nos penedos quedaron polas treboadas que afrontei perdendo o equilibrio mais unha vez Hoxe érgome por min polos anacos que nos penedos quedaron Hoxe érgome por min polo profundo das fosas onde as tempestades fixéronme afogar Hoxe érgome por ti porque a túa dor coñézoa ben Hoxe érgome por ti polas túas bagoas que crean ese océano"
2.
Salitre 04:21
2. Salitre (Feitizo de auga) ------------------------------------------------------------------------ Salitre, enche a miña pel Salitre, síntote no meu ser Entre o lusco e o fusco, intre máxico, baixo as nove ondas Aperta da auga na irrealidade. Salitre, queima e pecha esas feridas que tanto doen Auga, límpame, e lévate o que infecta Ninfas, deusas, sereas e xerpas, xacias e homes peixe, seu poder comparten co meu ser, unidos no océano de ondas, de ondas. Salitre
3.
3. Xantar das sereas (Cantiga das penas que cantan) ------------------------------------------------------------------------ Un mariñeiro mar a dentro para votalas redes ao seu alimento Longo dia, a salitre corre polas veas, mais lonxe preparase o temporal dende a fin do mundo Ala forte as cordas mariñeiro, lonxe da costa estas O vento empurra contra os valados de ondas, perdendo o controlo, e a noite cae Un home a loitar pola súa vida nunha Gamela Rematado o temporal, Perdido na escuridade Nin estrelas ou faro que guíe Unha esperanza no asubío do vento un son: "será o canto das sereas do mar que chaman dende a costa pra axudarme" Os roncudos e penas afiadas agardan a morte crebase na furna Azoutar contra as rochas que cantan pra conseguir o xantar ás sereas.
4.
4. Viaxe de bravura (Cantar aos valorosos guerreiros) ------------------------------------------------------------------------ Dende a costa despedímonos, e cargamos as nosas armas Fonda tristura ó deixar ós nosos Homes e mulleres, guerreiros todos marchamos do noso lar, pra outras terras ir loitar Os últimos folgos danos o druída, e que os deuses guíen nosas espadas na batalla Por mar, a pe ou en besta ate o sur alcanzar Pra loitar xunto aos compañeiros lusitanos Carraxe contra o inimigo, Seica o imperio avarento do leste avanta, a conquistar as terras, valeiran o chan de metais, escravizan as xentes, mais xuntos venceremos, Á batalla sen medo a morte e que a nosa bravura sexa temida ate o corazón mesmo do imperio
5.
Urco 04:25
5. Urco (Aviso de morte) ------------------------------------------------------------------------ Non saias non esta alborada ó mar que o can do Urco esta a chegar de súpeto entre as ondas vira, ese inmenso monstro do alén mais tebroso, cheo de brétemas escuras no Borrón vixía o can xigante Que mais se asemella a un lobo de fero e matreiro que é devora homes dunha dentada, e leva as súas animas o alén Non saias esta alborada o mar que o can do Urco esta a chegar, de súpeto entras ondas vira, ese inmenso monstro Non saias hoxe, fálache un trasniño, que certas noites so son para uns pouquiños
6.
6. Forte marexada (Alar de fado) ------------------------------------------------------------------------ Temporal brutal, ondas grosas Sobrevivindo perdidos na mare Contra as ondas, coma bocas de monstros xigantes queren engulir A barca crebada, escachar nosas vidas Sen controlo do navío, amarramos ven as mans os cabos, frío escuro na noite afogamos, Non e sinxelo navegar nas augas que separan os mundos, Mais dende a fin do mundo saímos, loitando nun milleiro de tempestades, guiándonos polas estrelas, ata chegar a terra onde as animas e os seres máxicos gardan os seus tesouros E ningún monstro mariño nin besta voadora deterá o noso anceio.
7.
7. Meigallo das ondas (Cantar de mariñeiro) ------------------------------------------------------------------------ Nove ondas, unha faísca e un feitizo Herbiñas todas pra facer o voo Máis aló das mares Onde Coventina mostra Os meigallos das ondas Monstros no profundo Quen os coñece quen avanta Ar e mar, terra e chama A voar entras ondas Serpes mariñas a devorar gamelas Avelaíñas da noite, o mapa no ceo Vestio Alonieco albisca o temporal de forzas dende a súa árbore que olla as ondas Caído mais non vencido Mares de brea xeada No profundo os deuses saben que erguerase por riba deles voar e a verba segreda debuxar Entras ondas
8.
Rebentabois 05:41
8. Rebentabois (Ladaíña do cogomelo) ------------------------------------------------------------------------ Rebentabois acudo a ti Rebentabois ensíname o animal Rebentabois virame pra dentro Amanita muscaria Respecta a nai amanita ou ha quedar coa túa mente A gran mestra non e un xogo Ela pódeche ensinar Se non a respectas Entregarache ao que temes Rebentabois Vision de ancestral poder Amósame a ficción do real Amósame a existencia oculta Amósame a vision que rompe as cadeas de percepción Amósame o baleiro do ser humano Rebentabois, con respecto hoxe facemoste nos Rebentabois, déixame ollar as cousas coma son
9.
Compaña 03:00
9. Compaña (Aviso de morte) ------------------------------------------------------------------------ Noite pecha, lúa nova Esperta do sono entre as tebras do bosque Un son, estrano asubío achegase Vóltase pra ollar as luces no profundo Arrepiado entre os fentos agochase e mira a marcha de animas, carreira de seres pola noite, buscando animas pra apañar Procurando o seu lar máxico Donas e seres encantados protexen e custodian ata as portas do outro lado Un leva un candil xira a cara e olla o vivo, nun chío a súa anima únese a compaña, un mais que marcha na calmada cacería, ate a fin do mundo
10.
10. Sétimo fillo (Cantiga de lobishome) ------------------------------------------------------------------------ Naceu sétimo fillo, e todos falaban do que temían Medrou coma un rapaz atraído pola auga Súa nai víao ollar o mar enfeitizado, outras a carón do río ollando a corrente e dicían que seria un lobishome Mais como podía ser?, Anima profunda que gústalle mollarse a choiva de estrano sentimento Ate o meigo - druída levárono onde o bosque remata en costa Anos de aprendizaxe dos misterios da vida e a realidade, coñecemento máxico de herbas, árbores, animais e elementos mais a fascinación pola auga nunca rematou, e aumentou co tempo O grande meigo faláballe do seu lobo interior Tes faciana de home, mais dentro mestúraste cun lobo Lobo das augas, espírito do Urco que coma as mareas, coa lúa medra en poder e as veces non lembras, mais a violencia do lobo vence e coma o Urco procuras morte Maior fíxose, un meigo enfeitizado, un druída que tiña coñecemento e forzas sobre as augas doces e salgadas mais fero coma o mar na súa anima Non podía en compaña estar, xenreira sentía da xente, o entendemento do seu ser dáballe control mais sufrimento Así, o sétimo fillo recluíse en soidade na illa mais grande das que gardan as costasm alí protexe os seus irmáns da ferocidade do mar e non so do mar.
11.
O Faro 03:36

credits

released February 15, 2015

Cover painting: Ivan Konstantinovich Aivazovsky

license

tags

contact / help

Contact Lughum

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Lughum, you may also like: